MÚSICA

Resultado de imagen de musica dibujo
Chic@s este será el espacio de Música en el blog. Estas tareas os las propone Bea. 


¡A bailar y a cantar!










Semana do 15 de xuño.

Última semana de clases!! Xa ule a verán, a praia e a xeados. Imos pola

última clase de Música!!

1.- Cantamos “Llegó el verano”:


2.- Rodeamos as palabras da sopa de letras:

Non tedes que imprimir a sopa de letras. Con copiala nun papel chega. 

Podedes mandala para que a corrixa a beatrizveneranda@edu.xunta.es


3.- E rematamos bailando “Everybody”:



Desfrutade do verán, felices vacacións!!


Semana do 8 de xuño

Ola a tod@s, comezamos con moitas gañas que xa queda menos!!

1.- Cantamos a canción “Glu, glu, glu”:



2.- Recordades os instrumentos de percusión? Hoxe imos clasificalos polo o 

seu material en:

Percusión de madeira
Percusión de metal
Percusión de pel














Claves- caixa chinesa- triángulo- cascabeis- tambor- maracas- xilófono-

metalófono- crótalos- pandeiro- bombo- pandeireta.

Para que corrixa a actividade, mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es

3.- E por último tocamos co vaso “La, la, la”:



Recordade que necesitades un vaso de plástico para tocar esta canción.



Un último esforzo que só queda dúas semanas!!



Semana do 1 de xuño

Entramos no mes de xuño!! Sabedes o que quere dicir? Que só quedan 3 

semanas de curso!! Empeza a conta atrás!!

1.- Cantamos a canción “Juan Paco Pedro de la Mar”:



2.- Imos ver un vídeo coa clasificación dos instrumentos da orquestra:



3.- Agora vós tedes que clasificar os seguintes instrumentos:

Instrumentos de vento
Instrumentos de percusión
Instrumentos de corda










Trompeta- piano- tuba- clarinete- tambor- claves- violín- pandeireta-guitarra-

clarinete

Para que corrixa a actividade mandádea a beatrizveneranda@edu.xunta.es

4.- E por último tocamos con percusión corporal “A máquina de escribir”:




Xa queda menos!! Abur




Semana do 25 de maio


Ola nenos e nenas. Rematamos o mes de maio e o curso vai quedando atrás. 

Un pouco máis de paciencia que queda pouco!!

1.- Comezamos coa canción “Alí babá”:




2.- Xa sabemos facer as notas sol-mi, agora engadiremos a nota la:


Recordade que non que imprimir se non queredes, podedes facer nun papel 5 

liñas e colocar as notas no seu lugar. Para que eu o mire, mandádeo a


3.- E por último faremos o xogo de vasos “Señorita”:



Para facelo só necesitades un vaso de plástico.


Desfrutade destes días de sol!!




Semana do 18 de maio




Ola de novo, como van as cousas? Unha semana máis de traballo, pero xa

queda menos. Ánimo!!

1.- Empezamos coa canción “O chimpín”:





2.- Tocamos coas palmas os seguintes ritmos:





3.- Agora cubriremos o noso tren. En cada vagón temos que sumar 3 pulsos. Recordade:
  


Non necesitades imprimir a ficha, con escribila nun papel chega. Para

correxila podedes mandala a beatrizveneranda@edu.xunta.es


4.- Por último faremos o xogo de palmas “Choco-la-la”:



Ao final hai publicidade, pero o neno e a nena explican moi ben o xogo.


Rematamos por esta semana, ata a seguinte!!


Semana do 11 de maio



Ola nenos e nenas, empeza unha nova semana chea de enerxía.

Comezamos!!

1.- Cantamos a canción “Nadando sen parar”:




2.- Repasaremos os instrumentos de percusión:




Agora rodearemos os instrumentos de percusión da seguinte lista:

Fagot, metalófono, piano, trompeta, claves, tambor, violín, pratillos, tuba,

trompa, contrabaixo, maracas, tuba, caixa chinesa, triángulo.

Para que eu os poida correxir, mandalo a beatrizveneranda@edu.xunta.es


3.- E por último tocamos con palmas “ Star Wars”:




Que teñades unha boa semana, aburiño!!



Semana do 4 de maio


Que tal a vosa semana? Xogades moito na rúa? Imos ver se o pasamos case

tan ben traballando Música.

1.- Comezamos coa canción “Mamá tierra”:




2.- Repasaremos as notas sol mi:


Non necesitamos imprimir a ficha. Con escribila nun papel chega. Se 

queredes que a corrixa, mandade a ficha a beatrizveneranda@edu.xunta.es


3.- Remataremos bailando “Minions”:




Desfrutade moito nas vosas saídas. Aburiño.



Semana do 27 de abril

Ola chicos e chicas. Xa queda menos para que todo isto acabe!! E nós

seguimos unha semana máis traballando dende a casa. Comezamos!!

1.- Cantaremos a canción “Na beira”:



2.- Repasaremos os instrumentos de corda:



Despois de ver o vídeo, tes que rodear desta lista de instrumentos os que son

de corda:

Guitarra, claves, batería, violonchelo, trompeta, clarinete, saxofón, arpa, fagot,

violín, oboe, trompa, contrabaixo, guitarra eléctrica, tuba, timbais, banjo.

Podedes mandar a solución a beatrizveneranda@edu.xunta.es

3.- Por último un xogo de mans e pés “Boom, Snap, Clap”:



Necesitades unha persoa para xogar, así que buscade a alguén pola casa.

Seguro que o pasaredes moi ben.


Ánimo que xa queda menos!!




Semana do 20 de abril

Ola a tod@s. Empezamos outra semana cargad@s de enerxía. Comezamos:

1.- Empezaremos cantando “Eu teño a alguén”:



2.- TRABALLO PARA ENTREGAR

Traballaremos o compás de 2/4. Primeiro tocaremos coas mans os ritmos deste tren:



Víchedes como se organizan as figuras musicais en cada vagón? Agora vos

toca a vós. Completade os vagóns do tren:



Non necesitades imprimir o tren. Podedes poñer nun papel 2/4 e completar os

compases. Non vos esquezades de poñer as liñas divisorias para separar os 

compases. Podedes mandar a actividades a beatrizveneranda@edu.xunta.es 

para que a mire.

3.- E por último acompañaremos a canción “Waka waka”: 



Ata a semana que ven.



Semana do 14 ao 17 de abril

Ola a todas e todos. Volvemos traballar despois destas curiosas vacacións.

Espero que todos teñades ganas de cantar e bailar.

Antes de empezar coas actividades, invítovos a entrar en


Aquí podedes facer composicións musicais de maneira moi sinxela. Seguro

que pasaredes un rato entretido.

1.- Recordaremos a canción das notas musicais: 



2.- Veremos un video para recordar os sons fortes e pianos:



3.- Agora realizaremos o exercicio para comprobar que distinguimos entre 

sons fortes e pianos:


4.- Tocamos? “Rock&roleando”: 



Biquiños e ata a semana que ben.



Actividades Música 2º. Semana do 30 de marzo ao 3 de

abril.



Xa imos pola terceira semana e seguro que o imos pasar xenial traballando 

un pouco coas actividades que propoño:

1.- Empezamos as nosas clases cantando “A Santiago vou”. E dádelle con ánimo!!:



2.- En clase traballamos cos instrumentos de corda, recordádelos?

Comprobarémolo con esta actividade:



3.-Tocamos un ratiño a “Danza dos machados”: 



Para tocala, se non temos palillos chinos podemos utilizar dous lápices. 

4.- E agora, a xogar!! Imos aprender o xogo de mans “Tengo una muñeca”:


Para este xogo necesitamos un segundo xogador, así que buscade pola casa

alguén para facelo. Seguro que tedes voluntarios.


Espero que pasarades un bo rato mentres traballamos música.

 Ánimo que xa queda menos!!!



Actividades Música 2º. Semana do 23 ao 27 de marzo.

Segunda semana, e seguimos traballando dende a casa.

 Espero que teñades ganas de cantar e bailar un pouco.

 Hoxe propoñemos traballar en Música:

1.- Repasaremos a canción “Lela” na versión do grupo

 Astarot:

A letra desta canción aparece no libro de Castelao “Os vellos non deben namorarse”. Podedes escoitar unha versión máis parecida á orixinal da cantante Dulce Pontes: 


Cal vos gusta máis?


2.- Imos recordar as notas musicais mi- sol- la no seguinte xogo:


3.- Repasamos ritmos? Facemos o 1º nivel: 



4.- Por último imos tocar un pouco acompañando co que teñades por casa a audición “O Quebranoces”: 

A nosa idea con estas actividades é que intentedes seguir as rutinas de aula para que se vos pase o tempo un pouco mellor dentro da situación que nos tocou vivir.

Ánimo que nunca choveu que non escampara!!


Actividades música 2º. Semana do 16 ao 20 de marzo.


1.- Recordamos a canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a bailar para que a aprendan: 


2.- Agora imos ver que sons son longos e cales son curtos: 


3.- Recordamos as figuras negra e corchea? Imos velo: 



4.- Fixemos de reloxos, acordádesvos? 


Cando o reloxo fai tic tac nos movemos ao ritmo e cando o despertador soa levantamos as mans e movemos todo o corpo.